Actividades de "Educación emocional para familias" no EEI de Vilalba

A Anpa do EEI de Vilalba vai por en marcha no colexio uns obradoiros de igualdade con actividades coeducativas a través das emocións e o baile en igualdade os días 8, 9 e 10 de outubro e 7 e 10 de novembro de 2025.

Tamén se programou unha interesante charla de educación emocional impartida por Pilar Porral o vindeiro 29 de outubro de 2025 ás 19:00h., será en liña a través de Google Meet.

Estas actuacións están financiadas ao abeiro da orde do 20 de decembro de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, para o ano 2025.

PARTICIPA!!

 

 

Calendario previsto de actividades:

 

   

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día da Paz 30/01/2025 no colexios de Vilalba