A Anpa do EEI de Vilalba vai por en marcha no colexio uns obradoiros de igualdade con actividades coeducativas a través das emocións e o baile en igualdade os días 8, 9 e 10 de outubro e 7 e 10 de novembro de 2025. Tamén se programou unha interesante charla de educación emocional impartida por Pilar Porral o vindeiro 29 de outubro de 2025 ás 19:00h., será en liña a través de Google Meet . Estas actuacións están financiadas ao abeiro da orde do 20 de decembro de 2024, da Consellería de Política Social e Igualdade , pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables , para o ano 2025. PARTICIPA!! Calenda...
Onte celebrouse no colexio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, coñecido como Día da Paz. Neste día conmemorouse a tolerancia, a solidaridade, a concordia, os Dereitos Humáns, a non violencia e a paz. @s nos@s nen@s viñeron do colexio cun prato de carton cunha Pomba da Paz que foi un obxecto común con outros dous colexios de Vilalba, o CEIP Antonio Insua Bermúdez e o CEIP Manuel Mato Vizoso.
Comentarios
Publicar un comentario